luns, 8 de xuño de 2015

Os animais e a robótica: unha estreita relación

Sabedes que os animais posúen increíbles técnicas de adaptación ao medio natural. Nos ríos, no fondo mariño, en espazos que poden ser tan duros para os humanos como as selvas ou os desertos, hai animais preparados para sobrevivir. Son capaces de mergullarse nas profundidades do mar, arrastrarse pola terra ou escalar paredes verticales sen dificultade. 

Na actualidade están a deseñarse robots que emulan as capacidades dalgúns animais como as arañas, as serpes, os cans, os cavalos, os canguros... ata animais mariños como os tiburóns ou os delfíns!


Trátase de robots que poden transportar moito máis peso do que pesa o seu propio corpo (como as formigas), que poden galopar a gran velocidade (como os cavalos) ou que poden realizar múltiples tarefas nun mesmo momento. 

Hoxe en día os robots incorporan extensións de intelixencia artificial, co cal xa é unha realidade o feito de que un robot sexa capaz de resolver situacións imprevistas ou desconcertantes. Por exemplo: existen robots capaces de readaptarse despois de sofrir unha amputación. Como fan moitos animais na natureza, hai robots que cando perden unha pata (ou outra parte do seu corpo) readáptanse para seguir funcionando e sobrevivir aos imprevistos.  



Ligazóns de interese:

- Youtube.com: "Robots inspired by animals" (vídeo sobre os robots-animal)

martes, 21 de abril de 2015

CLASE CARTOGRAFÍA

Docente: Isabel Cabrera Tilve

Empezamos a clase coa presentación dalgúns conceptos e ideas xerais sobre a cartografía...
Onde hai mapas nas nosas vidas? Sabemos diferenciar entre un mapa e un plano?


Tamén coñecimos o visor cartográfico da Xunta de Galicia (mapa.xunta.es) e falamos sobre as proxeccións cartográficas, os problemas que presenta e as solucións que se poden atopar. 


Tentamos familiarizarnos cos medinos e paralelos co obxectivo de entender o sistema de coordenadas UTM, que é o máis utilizado nos mapas que utilizamos.


E despois... Pasamos á práctica!


Información para a práctica:

1. Elaboración dun plano da praza de Barcelos
2. Formación de dous grupos: o azul e o vermello
3. Colocación das balizas de cada grupo e creación dos planos
4. Intercambio de planos entre os grupos para atopar a baliza do equipo contrario

Desenvolvemento da práctica: Mentras un equipo coloca a súa baliza na praza e toma os datos, o outro visita a páxina de información xeográfica de Galicia da Xunta para empezar a elaborar o seu plano en base á fotografia aérea da praza Barcelos. E despois ao revés.
Os planos teñen que ter un título, unha cuadrícula de referencia, un norte definido cun compás, unha lenda da simboloxía empregada (cun código de valores común) e unha escala aproximada e unha data. 
Cando está todo preparado, os grupos intercámbianse os planos e saen a buscar as balizas. Seguindo as pautas os dous equipos atopan correctamente as balizas.






mércores, 4 de marzo de 2015

Unha humanidade, diferentes culturas

A última clase do bloque antropo vimos como viven e cal é a cultura dos pobos esquimal e masai. Achegámonos ás diferenzas culturais e sociais: como se organizan, de que se alimentan, como visten e onde viven foron algunhas das preguntas que nos fixemos. Ese traballo que fixemos é o que fan as persoas que se dedican á antropoloxía social ou cultural. Para recordar eses pobos:

Os esquimais



Os masai



Para saber máis...

- Se seguides interesados e interesadas en coñecer máis pobos e culturas do mundo recoméndovos unha páxina web con informacións moi interesantes. Para acceder: SURVIVAL, movemento global de defensa dos indíxenas e pobos tribais.

- Hai unha película-documental do ano 1922 sobre a vida dun cazador esquimal que vos pode gustar. A película chámase Nanook of the North (título en castelán "Nanuk, el esquimal") e foi dirixida por Robert Flaherty.

- O programa "Otros pueblos" de Televisión Española dedicou un capítulo ao pobo masai. A través do documental Masai (ligazón directa) poderedes achegarvos mellor á forma de vivir deste pobo. 

xoves, 19 de febreiro de 2015

As transformacións da sociedade

É impresionante observar como foi cambiando, co tempo e co esforzo das persoas, a nosa sociedade. Na terceira clase vimos eses cambios tan grandes en diversos ámbitos: na roupa e a estética, nas tecnoloxías, no urbanismo e nos transportes, nas comunicacións. O que tentamos facer a partires dunhas imaxes foi decatarnos da evolución histórica que viviu a nosa sociedade.

A través do descubrimento dos cambios que se viviron, nós tíñamos o obxectivo de aportar ideas sobre o futuro, tanto nas comunicacións, nos transportes ou nas cidades.

Mirade os cambios que se poden apreciar nestas imaxes: 

Cidade Prohibida de Pekín (China)

Zona nova de Pekín (China)
Ou ben comparade as imaxes destes teléfonos (como ben dixo unha compañeira de clase, os novos teléfonos son todos con pantalla táctil):
Un dos primeiros modelos de "teléfono portátil"

Teléfono móvil actual
Algunhas ligazóns para reflexionar:

- O desenvolvemento tecnolóxico e a familia: clicar aquí
- National Geographic (en castelán), reportaxe sobre a evolución da dieta humana: clicar aquí